As dificultades de andar e guiar

LUGO

CONTRAPUNTO | O |

29 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

HOXE o tránsito viario, tanto a pé como en automóbil, é difícil. Nin peóns, nin conductores cumprimos habitualmente as normas. Moitos viandantes atravesan as rúas por onde lles peta aínda que xa hai unha maior conciencia por buscar un paso sinalizado. Por certo que o número de conductores que respectan estes lugares é mínimo a diferencia do que sucede noutros países como Portugal onde non dar prioridade aos peóns é pouco menos que un delicto nacional. Buscar a seguridade é tarefa de todos, incluíndo tamén aos responsables de establecer pasadoiros nos lugares adecuados e carrís para bicicletas que nesta cidade pasaron a formar parte da historia.