DESDE EL ADARVE
21 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.RENFE é un caixón de sorpresas desagradables, por suposto, para os seus clientes galegos e lucenses en particular. A última consiste en deixar aos talgos que van e veñen a Galicia sen as súas máquinas logo do accidente ocorrido hai un mes na provincia de Zamora. A situación daría lugar a pensar no pouco dotado que debe estar o parque motriz da empresa cando ten que votar man das lendarias 333, aínda que agora algunhas delas estean reformadas, o cal non resultaría de ser curioso. Pero non é así. O mellor material que posúe a compañía é destinado a cotío a outras liñas quen non son as galegas. Se queren comprobalo acudan unha tarde, sobor das oito, a estación de Lugo para observar como o Catalán, o tren que fai o percuso máis longo de España, non é máis que un montón de chatarra enfurruxida sobre rodas nin tan siquiera disimulada con algo de pintura.