DESDE EL ADARVE
08 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.QUE A estas alturas da vida política se monte un debate sobre unha autovía pola Mariña sona a risa. E que ademais quen inicie a disputa sexa o alcalde popular de Xove e tire dardos contra o conselleiro Feijoo, xa ule a outra cousa que agora non vén ao caso. A costa de Lugo será a única do Atlántico europeo que se quede sen unha conexión de autovía ou autoestrada por decisión dun Goberno do PP que no seu día dixo que de Barreiros para abaixo, o que se quixera, deixando tiradas ás vilas máis puxantes económica e socialmente da provincia. Cando houbo ese debate, alcaldes, edís, deputados e demais cargos do PP da Mariña non souberon explicar por que a costa lucense se quedaba sen unha autovía ata Ferrol, e se tiñan que conformar cunha estrada infernal e xa veremos no futuro se cunha vía rápida. Os electores, sabios, pasaron factura.