TRIBUNA | O |
15 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.CO GALLO do Día das Letras Galegas, e despois de case que un ano de novo goberno municipal, é un bo momento para facer balance da política cultural e de promoción do idioma galego no Concello de Lugo. Desde o BNG vemos con preocupación a falta de actuacións decididas a favor do espallamento da nosa lingua e cultura. ¿Onde están as campañas para potenciar o seu uso ou promover o libro, as artes ou a música galega? A falta de iniciativa do goberno municipal en relación a isto é máis que evidente. As concellerías de Educación e Cultura, que deberan ser os dous piares nos que asentar a política de normalización do galego, manteñen unha actitude cando menos discriminatoria cara a nosa lingua. Como representantes institucionais, todas as concelleiras e concelleiras deberan colaborar para que poidamos sentirnos orgullosos do nosos gran patrimonio, empregando o idioma galego de xeito normalizado. A publicación en prensa de anuncios en castelán corroboran a falta de compromiso do goberno municipal co galego. Lamentamos que no se volvera editar o libra das portas da Muralla ou a revista Xistral da que era resposable Ignacio Eguíbar, nunca concellería que sí amosaba sensibilidade e traballo polo noso. ¿Por que o Concello de Lugo non enviou aos centros de ensino o libro sobre Xaquín Lourenzo? ¿por que non se fixo a exposición itinerante para divulgar a súa figura? Queremos facer un chamamento ao goberno municipal, ao seu alcalde, a potenciar a cultura en todas as súas manifestacións, recuperar as tradicións e potenciar ren receo a normalización lingüística no Concello de Lugo e na sociedade.