DESDE EL ADARVE
03 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.RESTAN POUCOS días para que se faga público o nome do novo subdelegado do Goberno en Lugo. Remata así o traballo de oito anos levado a cabo por José Antonio Labrada Losada, que pasará á historia como o derradeiro gobernador civil que tivo a provincia. Paréceme xusto destacar o comportamento favorable que tivo Labrada cos medios de comunicación, sempre dentro das dificultades que supón dar información sobre delitos, delincuencia, asasinatos e investigacións policiais. Labrada Losada soubo encarnar, dende o punto de vista administrativo, as novas funcións que debe desenvolver o subdelegado do Goberno: Presencia institucional, discreción ante outras autoridades da provincia que foron elexidas polo pobo e evitar o protagonismo. Houbo manifestacións, encadeamentos ante a Subdelegación, protestas veciñais... e solucionou as crises co diálogo propio dun docente e dun cabaleiro.