Entrevista | Paco Pestana O artista inaugura o vernes unha mostra de dez esculturas e dúas instalacións nunha galería madrileña e prepara coleccións para Sudamérica
30 mar 2004 . Actualizado a las 07:00 h.?eva cinco anos sen expoñer en Madrid (a última foi no Centro Conde Duque) e varios sen facelo nunha galería, tras os éxitos colleitos en museos e fundacións de toda España. O venres presenta a súa nova obra, dez esculturas e dúas instalacións, na galería La factoría del perro verde, preto de Atocha, e cun título ben expresivo: Ve espellos rotos nas cegas corredoiras . -¿Casualidade o de Atocha? -Pois si, porque o título da exposición xa está pensado dende hai dous meses, pero lembra aos trens vistos como corredoiras e cos cristais rotos. Traballo cos meu materiais de sempre, con pezas que fan referencia explícita a Galicia e tamén, en certa maneira, coa matanza do 11-M, porque unha é un soldado metido en sal e outra é unha táboa como se fose un funeral sumerio. -Amosa instalacións. -Chámolle así, pero son como unha estructura teatral, cun ritmo narrativo propio e non coa intencionalidade do minimalismo. As esculturas son poemas e o resto son novelas. -¿Ten poemas como noutras exposicións? -Non, porque non quero perturbar a historia. A nivel estético fago unha mestura do traballo do último ano e do anterior, sen crear unha ruptura traumática. Aparecen as miñas manías persecutorias e con algún novo salto, como a tendencia a facer bichos, insectos. Estoume dedicando máis ao mundo animal. -¿Como o trata o público madrileño? -Teño moitos amigos e parte da miña familia. Ir ou expoñer en Madrid, para min, é como ir á feira de Castroverde. Teño amigos nos museos, artistas galegos que residen alí. -¿Non se animou a traballar en Madrid? -Ofrecéronme cousas boas, pero Galicia tira moito. -¿En que proxectos está metido? -Pronto vou expoñer obras no Centro de Arte Contemporáneo de Benalmádena e teño un proxecto para ir a Bos Aires, Montevideo e Sao Paulo.