A sombrereiría Pimentel

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO

TRIBUNA | O |

17 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

LUGO nunca foi unha flor de lis, señor Lois Diéguez. A flor de lis élle hoxe unha lencería para mulleres. Unha lencería ou mercería, roupa de picardía, a lingua dos picardos, unha rexión departamental francesa. Lugo séguelle a ser moi rural e piadoso (un algo calvinista suíza ou helvética, a da Confederación). Existiu en tempos unha sombrereiría chamada Pimentel, da nobre alma de olvido dos grandes Pimentel de Lugo. Igoalciño, señor Paco Rodríguez, que nas súas conferencias a terra é terra, non a maiúscula Terra africana, Virxe Negra que vostede proclama ás catro voces. Ao señor antón Fraguas, os franquistas, fixérono varrer as rúas cheas de terra, supomos. Igoal que sobran carros por todel como diría Fiz Vergara Vilariño. Os carros son unha fatada cultural: Un grupelo de fatos pon carros na paisaxe igoalciño que eu defecaba na paisaxe de Celeirós en honra, perdón dos seus narices, de todos os habitantes da Coruña, a cosmópole galega. Si, alí nos Cantóns á hora punta é Alemaña, o mesmiño ca o andar que o meu amigo José, Joseíño que o probe tira como pode da alma tan perto da Cheda. O pobo anda louco tras dos hórreos e o nacionalismo rexéitaos.