O modelo de Bretaña

| XOSÉ MARÍA PALACIOS |

LUGO

DESDE EL ADARVE

16 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

SE NON HOUBO cambios nos últimos anos, de Bretaña a París chégase en tren en algo máis de tres horas. Cando mo dixeron, sorprendeume, porque pensei que París quedaba máis lonxe; pero logo decateime de que os camiños de ferro franceses levaban anos de vantaxe sobre os españois e de que circulaban a velocidades coas que pagaba a pena viaxar neles. Sen máis razón ca a casualidade, hoxe hai, en Lugo, unha conferencia sobre cultura bretona e inaugúranse unhas xornadas sobre medio rural e desenvolvemento sostible. Seica o modelo francés non está no seu mellor momento e o Estado non dá cuberto todas as prestacións que sostiñan os fondos públicos, pero quizais a algúns non lles importaría que España soportase algo de déficit público polo desenvolvemento real de zonas periféricas, investido en algo máis ca en paseos marítimos.