Tristura

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

13 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

O DÍA de onte tivo algo no ambiente distinto. Había un silencio nas rúas que non era habitual, parecía verán. Xa tivemos un adianto o pasado venres, cando a iso das sete da tarde medio Lugo saía ás rúas a dicir non ao terrorismo. Xa se detectaba unha sensación de dor. Incluso, para os que o coñecemos, o ánimo xa viña marcado dende o mércores cando a morte nos levou a Marcos Cela. Debería ser un sábado festivo, con sol e todo, onde sería a véspera do día máis importante da democracia, ese onde nós somos os protagonistas e os cidadáns saen nos medios de comunicación. Pero non sei, xa nada vai ser igual tras esta semana, en tódolos sentidos. Cando mañá vaia ao Museo Provincial, á inauguración da mostra de fotos de Guillermo Rueda, vasme falta Marcos. E mañá, cando saiba as cifras dos resultados electorais, vanme faltar duascentas papeletas.