Espectáculos e Xacobeo

DESDE EL ADARVE


OS RESPONSABLES musicais do Xacobeo sinalaron o pasado martes na presentación do espectáculo que haberá o sábado no pavillón municipal, que Lugo carece dunha estructura tan boa como as que ten Santiago para acoller grandes concertos durante o Ano Santo. Detrás de tales afirmacións agóchanse varias preguntas e afirmacións. A primeira é que soa a desculpa para non traer a Lugo a xente de categoría. Dixeron que no anterior Xacobeo veu á capital lucense un espectáculo de salsa, con Celia Cruz, que apenas encheu, cando en Canarias o mesmo tivo cen mil persoas. Normal. ¿A quen se lle ocorre levar folk galego a Lanzarote?Segundo, nótase que os do Xacobeo descoñecen que Lugo ten un recinto feiral onde se pode meter a miles de persoas para ver a Bob Dylan, David Bowie ou a quen sexa. E terceiro, se Santiago ten máis que Lugo será porque os cartos públicos se reparten mal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Espectáculos e Xacobeo