TRIBUNA | O |
23 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.TRES QUE merecerían un marco e facerlles sitio na parede do salón. Non sempre temos ocasión, se ben recoñezamos que no anonimato queda o traballo ben feito dos maxistrados e xuíces que se axustan a dereito. Ó que íamos. A primeira das enmarcables é a que anula a inmunidade do presidente de Italia e magnate dos medios de comunicación Silvio Berlusconi. Unha inmunidade que el mesmo se outorgara para evitar que o condenaran como a outros socios seus por prevaricación. Outra veu a recoñecer o que todos sabíamos: que o do redondeo do euro foi un abuso e un delicto. ¡Ai se cada un de nós fixeramos o mesmo! Dita sentencia condena a volver 23 céntimos de euro a un xubilado, que llos cobraron demais por un café no país dos Apeninos. Aquí, lembren, de cen todo pasou a un euro. O que non transcendeu foi saber en canto lle sairía a bromiña esta ó italiano que tivo tanta coraxe. A terceira a destacar, esta dictada en España, condenou a un imán (sacerdote árabe) por escribir un libro onde se facía apoloxía da violencia contra das mulleres. Ó parecer ata explicaba como pegarlles sen deixar marcas. Por riba de maltratador, covarde. ¡Vaia tipo!