Dun a seis euros

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

17 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

SÓ SE pode dicir que magnífico ao programa cultural, sobre todo no ámbito do teatro, que o Concello e Caixanova traerán a Lugo para o primeiro semestre do ano. Cumpre os obxectivos que se marca calquera programación, que é conseguir nomes recoñecidos da escena española e unha variedade de temas e de obras. Destaca tamén un ciclo dedicado ós dramaturgos do século XX. Existen dúas eivas para o meu gusto. A presencia do teatro galego é escasa, aínda que veña a última peza de Vidal Bolaño ou o espectáculo Dillei . Son moitas as compañías galegas que mes a mes representan interesantes obras, algunhas se poden ver noutras cidades de Galicia gracias ao convenio que teñen os concellos con Caixanova. O outro tirón de orellas é a suba de prezos da cuarta mostra de Teatro Clásico, que pasa do habitual euro dos últimos anos aos seis euros que custa cada representación deste ano.