TRIBUNA | O |
03 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.NEVA, nevisca sobre o pazo que sempre foi outonal. O pazo de liño fresco onde colocábamos o viño en botellóns delicados mercados na Gran Bretaña, onde hoxe está Zara, unha tenda galega, de orixe galega por certo. Poñemos de música rock aos Smiths que en inglés vén dicir Los López ou algo así. Nin poñemos no tocadiscos a Bob Dylan, porque é un xudeu peseteiro, nin aos Rolling Stones, as satánicas maxestades. Poñemos aos ingleses Smiths que van moi ben co pazo outonizo, porque nestas terras os pazos sempre foron outonizos. O liño é o material máis vello dos usados na Galiza. Descoñécese cando chegou aquí. Non sabemos se é laboría dos exipcios, obra de fenicios ou do Oriente Medio, do crecente fértil. Os pazos están asoballados polo tempo. Todos destruídos, descalabrados, escanastrados, pois iso, feitos un canastro para recoller o millo. Un hórreo. Neva, nevisca sobre os pazos de Castroverde. Pero o mellor pazo vénlles ser o de Valle Inclán en Pontevedra. Neva nevisca sobre os pazos e poñemos música de rock and roll: Los elegantes. Os pazos e as casas verdadeiros teñen????????aspecto no país das fortalezas.