DESDE EL ADARVE
30 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.APROVEITO a mensaxe principal do espectáculo XXX de La Fura dels Baus (A Coruña, no 2002), para felicitarlles o aninovo. Despois de todo, é perfectamente posible un mundo mellor no que os iraquís sexan donos das súas vidas, do seu goberno e do seu petróleo, por poñer un exemplo. Anque podía poñer outro: Que os lugueses poidamos gozar da música, do teatro, do deporte ou do amor, da vida propia en fin, e deixemos de deslombarnos producindo productos productivos a base de estragar corpo e agro. Entra o Ano Xacobeo, unha ruta que nos achega ó mundo, pero que como toda renovación, trae vellos costumes. Esperemos que a algúns galegos lles devolva o recto xuízo que lles faltou no 2003. Estamos de festa, e queda moito camiño. Se lles parece, fagan o que Cavalcanti, aquel namoradiño que rematou a peregrinar na Provenza, tan feliz, pese a que non viu Compostela.