DESDE EL ADARVE
20 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.O DELEGADO de Educación poderá dicir que todo segue igual, que non hai menos recursos ou perda de calidade nos servicios dos colexios. Pero a realidade é que as baixas de profesores e cociñeiras sen cubrir están a provocar bastantes protestas, algo que non era habitual: Rábade, Cervantes, Pantón son algúns casos pero noutros concellos negociaron con Educación unha saída. Ninguén vai discutir a obriga dos representates públicos por evitar despilfarros cos presupostos, pero tampouco se poden dar situacións de discriminación. O rural está moi castigado. Certo que os pais están acostumados a uns servicios de comedor e case de gardería que nas cidades, por exemplo, non se ofrecen dende hai anos. Pero penso que sería preferible conservar un certo nivel de axuda. Os apoios ós pais neste país non son precisamente os de Alemaña ou Suecia, e a natalidade está como está. Ó cabo, é política.