Un ano

ADELA FIGUEROA

LUGO

TRIBUNA | O |

12 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

LOGO dun ano do desastre do Prestige , sabemos que os ecosistemas non están reparados, senón gravamente danados. Sabemos que os fondos non están limpos e que o nivel de capturas reduciuse sustancialmente, pese ás visións triunfalistas difundidas polo Goberno e os seus oráculos. As crías foron afectadas e o seu número encóntrase moi reducido, según constatan os mariñeiros e mariscadoras. Esta xente ten o dereito a ser atendida nas súas demandas, e a non ver hipotecado o seu futuro. Queren un compromiso por parte da Administración de que os seus intereses van ser atendidos. O papel de Nunca Máis foi primordial na esixencia dos dereitos da xente do mar, e na defensa do medio. A presión social que presenta, forzou a que se leve a cabo unha investigación no parlamento europeo para estudiar as consecuencias do desastre, establecer vías de actuación para prever futuros accidentes e, na medida en que o PP non boicotee como nos parlamentos español e galego, delimitar as responsabilidades políticas. E ata que as responsabilidades sexan depuradas, para que outros políticos non caian na tentación de non tomar o noso pobo en serio nunca máis.