A humanidade de Teresa de Calcuta

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

21 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ERA EU UN CRÍO. Acababa de deixar aínda o colexio público e cursaba no dos Pais Mercedarios da vila de Sarria. Un día aparcamos a un lado as matemáticas, a lingua e o inglés, e baixamos moi ledos ó salón de actos. Alí agardábanos un misioneiro. Parece que inda lembro o brillo daqueles seus ollos. Tiña tantas vivenzas acumuladas, viaxara tanto polo mundo adiante e vira o que sequera nós podíamos imaxinar, que¿ Enchufou un proxector e comezou a pasar diapositivas. Ían sobre o que estaba a facer unha muller miúda, vestida de branco e lista azul. Ese día souben, por primeira vez na miña vida, da Nai Teresa de Calcuta. «¡É unha santa!», afirmaban os que tiveran a sorte de coñecela. Seguramente ela nunca pretendeu selo. Nembargantes o seu facer quedou aí. Cada imaxe das que ía pasando o misioneiro aquel, espertaba en min o mesmo sentimento de admiración. Entre outras cousas, por ver cómo se entregaba, sen escrúpulos de ningún tipo, ós máis enfermos, ós famentos, que eran moitos; en definitiva, os pobres. Porque, ¿que é un enfermo ou calquera outro necesitado senón un «pobre»? En contraposición o que nos mostraban na proxección, qué riqueza interior tan grande debía posuír esta muller. De entre tódolos cualificativos, que son moitos, sobre todo un: humana. Moi humana. redac.lugo@lavoz.es