Moito e variado

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

09 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A PROGRAMACIÓN musical das festas do San Froilán foi consolidando nos últimos anos un modelo que creo que é positivo, aínda que tamén pode ter os seus inconvenientes. Tódolos días está a haber concertos gratuítos nas prazas de Santa María, Campo Castelo e no Seminario. Os músicos que actúan máis ou menos teñen un prestixio e calidade, non sendo primeiras figuras do actual panorama musical. Kiko Veneno, Amistades Peligrosas, Amparanoia, Fangoria, Avalon ou Luis Eduardo Aute, entre outros. É evidente que todos estes concertos supoñen un gasto dentro do orzamento do San Froilán. Cando criticamos que ás patronais non veñen grandes nomes da música debemos ter en conta qué modelo de festas queremos, ou moitos grupos e variados, ou poucos e bos e ademais de pago. De momento, prefiro o primeiro sistema, aínda que hai que loitar por conseguir algún grupo de moda.