Qué Semana de Cine queremos

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

06 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A ÚLTIMA Semana de Cine de Autor, que desexo que non sexa a derradeira, mostrou a mesma liña das tres últimas edicións. O recorte presupostario notouse nos diferentes ciclos e na falta de actos paralelos. As institucións que financian e colaboran nesta actividade deben definir qué queren facer con ela. Ou deixar de dar cartos e que morra, o que sería triste pero asumible, ou apostar decididamente pola Semana de Cine, co que hai que aportar máis fondos. Os espectadores demostraron este ano que non lle deron a espalda a unha cita cultural que foi a máis importante da cidade, pero que nos últimos tempos esmorece. Unha Semana de Cine coma a pasada non se debería repetir outro ano, porque dá sensación de pobreza e de reunión duns tolos do cinema. Señores gobernantes, defínanse. Señores de Fonmiñá, noraboa e paciencia.