Adeus, Marino

| XAVIER LOMBARDERO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

17 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ONTE enterraron na Pontenova a José Luis do Marino. Foise con gran sorpresa para todos, sendo como era un home forte e novo. O Marino, herdeiro do patronímico da casa de Goios, respondía tamén ó carácter nobre e valente. Facía anos que non o vía pero ¿quen podía pensar que con 42 anos un súbito ataque o levara lonxe da Ponte? José Luis, como persoa ou canteiro nunca rexeitou apeitar con cargas pesadas e, dalgún xeito, as súas anécdotas e fazañas de mozo marcaron época na Pontenova. Nosoutros de nenos, ti de rapaz, espertamos á liberdade no anos setenta. Onde estiveras, ninguén se atrevía a tocarlle a un pícaro, como se tiñas que facer fronte a cen. Temible eras como te atravesaran. Acordo as túas gincanas coa Derbi Antorcha trucada no campo de Muruais, e cando poñías firme a alguén na Xolda. Para os que te tratamos ou traballaron contigo, como Paco de Vale, vaise un bo rapaz.