«A miña ilusión sería fundar un museo, invisto en arte»

Teresa Batán ANTAS DE ULLA

LUGO

Entrevista | José Luis López Fraga José Luis López Fraga marchou de Galicia con 16 anos. Logo de pasar por traballos no campo e a sega en Castela, fundou o seu negocio en Barcelona

06 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?aquel primeiro local, chamado Toxos e Xestas formou Xosé Luis Foxo a súa primeira escola de música e danza. Hoxe rexenta o restaurante Medulio, mo preto das Ramblas e o porto. Dende fai anos parte dos seus días de descanso pasaos en Antas, lugar da súa dona. -¿Por que Medulio? -Porque logo de coñecer a lenda do monde e tamén comprobar que moita xenten non a coñecía, decidín darlle publicidade da mellor forma que sei: montar un restaurante. -Seguro que por el pasaron nomes coñecidos -Si, a min fíxome moita ilusión o equipo olímpico de Galicia pero foron moitos os que estiveron e están alí. Recordo con cariño a Xabier Cugat, que foi gran amigo meu. -¿Organiza actividades gastronómicos ou culturais? -Si, por exemplo a semana gastronómica e actos culturais con galegos ilustres de Barcelona e de fóra. -¿Pensa retornar a Galicia? -Pode ser. A miña ilusión sería fundar un museo aquí, pois eu, en vez de investir en pisos, fágoo en arte. Tamén colaboro na revista Revistar, e no catálogo nacional de arte Canar. -A arte galega ten en vostede un aliado -Procuro apoiar a pintura galega e son promotor do pintor Alejandro Costa, entre outras actividades. -¿Que resaltaría do concello de Antas de Ulla? -Pois estes días, acompañado polo alcalde do municipio, tiven a oportunidade de coñecer a fondo diferentes lugares e sorprendéronme os pazos, muíños, augas termais e os paraxes naturais, como este que rodea o nacemento do Ulla en Olveda.