TRIBUNA | O |
03 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.E VOU eu e pergúntome ¿qué é Cataluña, ou Catalunya? Pois resulta que a definición concreta non a sabemos. ¿Sábeno iles, coñécense? Se Cataluña termou, sostivo do Estado en moitas ocasións (máis concretamente coa Monarquía borbónica na transición) vai sendo hora de que estando como están no corazón de Europa, ao lado mesmo da lingua d'Oc que deu unha espléndida colleita (sic) nos séculos medioevais, parella ao noso Cancioneiro definido por Martín de Riquer como «todo o sol do mundo» ou algo así, e remacho eu quetodo o sol das vindimas e do mar clásico. Valéry pode ser tan catalán como Carner... Se están a facer parella ubicua co Estado por excelencia que é o francés, vailles sendo hora de se definiren como pobo solidario, nación exemplarizante e espello de identidades nacionais ou paradigma duns micronacionalismos sanos e consecuentes cos procesos históricos, dos que Euskadi resulta a ovella negra, a revolta permanente. Unamuno falaba de revasquizar España, por exemplo. Desde Riba, Carner, Foix e sobre todo Espriu e Miró, Els Cuatre Gats, Tápies e Dau al Set non vexo celebridades que dean pautas de comportamento.