TRIBUNA | O |
21 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.COMENTABA que o camiño que abrira Colmeiro me parecía con pouca proxección. Non exactamente un camiño cegado, mais un camiño cortado, unha dirección unívoca. Herdeiro do impresionismo colorista de París, dos Matisse e Cézanne concomitantes menos evolutivos se queremos pode ser un camiño que aínda dea algunha sorpresa entre nós, galeguiños. Pero non é camiño aconsellábel de seguir por trillado. En realidade é Delauney quen rompe ise camiño, que o quebra. Colmeiro limpo e clarísimo das «panadeiras» que Pestana rexeita seméllame o máis nítido, das cores máis limpas. As «lavandeiras» ademais de mal executado posúe cores non exemplarizantes. De Laxeiro suspeitamos tanto da súa obra de abstracción como figurativa. Gustamos moitos dos seus trasmundos barrocos e pouco tremendistas, non anda por medio o «diablo» co tridente nas forcas lareiras arcanas. O desaparecido prematuro Xurxo ou Jorge Quiroga andaba na fauvismo e no expresionismo alemán con cores miu rechamantes tocando a estridencia metálica. E de Tino Grandío valoramos os grises e os loitos negros da súa nai en retrato, pero viviu unha época difícil e nunca arriscou. Grandío foi franquista. ¡Xulia Minguillón!