«Gustariame vivir da canción, pero non sei a qué nivel»

LUGO

Entrevista | Noelia Fonte Gayoso Noelia Fonte, que en setembro se presentará á final de Operación Triunfo, recoñece que gañar o certame de música mariñano supuxo un recoñecemento ós seus estudios

19 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

». -Vaime axudar en todo. Foi o certame no que me estrenei e un lugar no que coñecín a moita xente. A verdade é que me fixo moita ilusión. -¿Pretende adicarse profesionalmente ó mundo da música? -Gustariame vivir da canción, pero non sei a qué nivel. Estou disposta a saír fóra para poder continuar a miña formación. -Actualmente ¿que estudios cursa? -Estudio canto moderno na Escola de Música da Coruña. Carmen Rey, a miña profesora, é un crac k. Seguirei nesta escola ata que algo moi importante me impida continuar formándome. Tamén teño unha cousa clara, o día que, por recomendacións profesionais, teña que completar os meus estudios, vouno facer. De todas formas, o que si se me queda como unha espiña cravada é o de estudiar un ciclo formativo de educación infantil. Estou pendente de onde podería realizar estes estudios o curso escolar próxim o. -¿Que experiencia ten neste tipo de certames? -O ano pasado foi a primeira vez que acudín ó do Landro. Tamén me presentei ó Festival da Canción Vila de Padrón, onde quedei no segundo posto no apartado de semiprofesional. Actuei no programa Gran Verben a e participei en espectáculos no meu centro de estudio s. -¿É verdade que participará na selección de participantes de Operación Triunfo? -Aínda non sei en qué data me teño que ir a Barcelona, pero sí, é verdade. Estou na final e en setembro irei para Cataluña. De todas formas, é algo que me fai ilusión, pero non tanto coma o do Landro. Se de verdade tivera que elexir, quedariame con toda a profesionalidade da xente que acude ó festival de Viveiro. Xa quixeran os de Operación Triunfo ter a orquestaza que tivemos en Viveiro. -As cancións coas que gañou no apartado de interpretación ¿son dos seus cantantes favoritos? -Na semifinal cantei No sé olvida r, de Alejandro Fernández, e na final, a mesma e a de Te extrañ o, de Luis Miguel. Os dous son os meus artistas preferidos. Tamén aprecio a Ricardo Montaner, a Christian Castro e a Gloria Estefa n. -¿Que lle parecería o de ser cantante de orquestra? -Sería un luxo estar nalgunha orquestra galega, aínda que o que non podes facer é estancarte toda a túa vida no mesmo traballo. -Están en auxe as verbenas ou ¿son só un divertimento para os maiores? -Son unha forofa das festas, por algo nacín e vivín sempre no medio de todo isto. Non creo que as verbenas acaben. Se por algo se coñece a Galicia polo mundo adiante é por tódalas súas festas. E nas festas, nunca faltará a música.