Vivencias dun peón na Muralla

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

18 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DENDE HAI uns meses hai un tramo do adarve na Muralla que se atopa sen luz. É o que vai comprendido entre a praza do Cantiño e San Fernando. Nestes días de calor e de chegada dalgún turista, que algún chegou malia as obras, moita xente no podía pasear polo adarve de noite pola falta de visibilidade e ante o temor de situacións que ninguén desexa. Pódese dicir que hai dous anos non había luz, pero tampouco se paseaba tanto pola noite polo monumento romano. Outra cousa curiosa que acontece polas noites na Muralla son os grupos de mozos que toman o adarve coas súas bicicletas e a empregan para facer os seus derrapes, mentres os peóns tentan esquivalos sen caer. Que falando diso, os rapaces corren o risco de caerse do adarve cara a ronda cando fan as piruetas na bicicleta. Iso si, menos mal que moitos non temos que aturar os cans.