Literatura y fe

MANUEL NEIRA LÓPEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

02 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

LEMBRO CASE agarimosamente, docemente como o teólogo Enrique Miret Magdalena deixou dito nunha frase memorábel. «Se deus non existira teríamos que crealo». Páreme unha frase moi atinada, moi acertada, moi certeira. En efecto, sen a mirada beatífica de Deus unha persoa sensíbel raramente podería vivir máis. Coido que somos fundamentalmente espírito e alma. Deus é un ser dotado de amor e misericordia que está verdadeira, auténticamente «louco» polas almas. A Deus gústanlle tanto as almas que cada unha que se extravía chora no seu fillo ao pé dun cruceiro. Temos corpo, facemos de corpo, con il nacemos e morremos, desaparecemos físicamente. Pero nacemos nun principio de individuación cun alma única creada por Deus e na que Deus se goza. Todos morremos noutro exercicio de soidade pero morremos para entregarmos a alma a Deus. Deus dispón das nosas almas. O propio principio de individuación fai que case sempre sexamos uns para os outros necesarios. E así por medio do amor exercitaremos un lazo de unión de almas. Nacemos coa alma individualizada pero sempre a procurar a verdade esencial no contacto con outra alma, unha alma «irmá». Entón diremos que Deus se goza na unión e que se a reafirmamos por medio do sacramento do matrimonio pois Deus bendícea. O sexo só é unha sombra da verdadeira vida. redac.lugo@lavoz.es