DESDE EL ADARVE
15 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.DI O MESTRE Ansemil, entendido en canto e en normativa lingüística, que en Lugo fálase un dos mellores galegos de Galicia. Recoñéceo el, nado máis a poñente. Nosoutros, e non nós, tamén o pensamos así, por orgullo lugués, e por convicción, pese a que en Lisboa non nos entendan chispa. Os cambios de consenso aprobados na normativa da nosa lingua non sabería dicir se nos teñen moito ou pouco en conta, pero benvidos sexan se traen paz entre as distintas correntes. Darío Xohán Cabana tamén valora ben estes cambios. Onte díxonos que lle parecen mínimos e coida que polo menos racharán co disenso. Espera, porque o considera máis importante, que as distintas correntes colaboren na promoción da lingua galega. Aínda así, nosoutros dicimos gracias e non «grazas», e queda raro na fala dalgúns e e moitos auditorios. Seguiremos evolucionando.