Os últimos dos últimos

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

04 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DE NOVO o informe de La Caixa non deixa ben parada a situación da provincia de Lugo. Seguimos a estar na cola en moitos parámetros (algúns deles poderíanse discutir), e a verdade é que os pasos que se dan para cambiar esa situación non parece que saian para adiante. O Plan Galicia podería ser unha maneira de reactivar unha economía e un sistema productivo que cada día mingua polo peche de explotacións, o envellecemento da poboación e a falta dun tecido industrial que acolla a emigración interior. Pero temo que non é cuestión de traer miles millóns para facer autoestradas e un AVE digno. Axuda, pero non chega. Dende hai anos, deseñouse unha política en España que pasa polo eixe Madrid-Valencia. Unha das constatacións de onde se sitúa a riqueza é a chegada de inmigrantes. E outra, a producción. Mentres a zona do Mediterráneo exporta productos, a provincia pecha explotacións.