As misións pedagóxicas

| XAVIER LOMBARDERO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

20 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

POIDA QUE o factor máis decisivo na modernización de Lugo nos últimos tempos -posiblemente de toda España- fose a extensión do ensino público a tódalas vilas e barrios, centralizando en colexios para todos. Fixérono os primeiros gobernos da democracia nunha obra que rematou coa hexemonía dos seminarios e guindou o analfabetismo. Pero o alfabetismo funcional dalgunha televisión anda a estragar as primeiras letras. Agora precisamos unhas misións pedagóxicas tipo da República. Que xente formada e de vocación devolva a cultura á xente, incluída a memoria da romanización, algo vanalizada nos últimos tempos con representacións fuleras. De Roma herdamos o Dereito, o Urbanismo, a organización política e militar...Non digo que Urbis Lucus e Arde Lucus non estean ben pero en Lugo os mosaicos volven estar, vergoñentamente, baixo terra.