TRIBUNA | O |
10 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.UGT de Lugo considera lamentable e patética a petición do secretario xeral de CC.?OO., José María Fidalgo, de que non debe abordarse nestes momentos a modificación da fórmula para calcular as pensións públicas. UGT de Lugo cree que o secretario xeral quere, simplemente, enganar e confundir ós traballadores respecto de cál foi a posición do seu sindicato neste tema e respecto do que asinou él mesmo, como secretario xeral, o pacto das pensións de abril do 2001. Comisións, en vez de tratar de manipular e enganar á opinión pública con este tipo de manifestacións, debería de asumir o que tén asinado ou desmarcarse públicamente dun acordo que, nas súas consecuencias, vai moito máis alá das pensións e que xa afectou a un dereito subxectivo dos traballadores coma a perda do dereito a prestacións de IT en situación de desemprego, á intervención das mutuas nas altas en caso de IT, á simplificación de rexímenes que leva á desaparición do Réxime Especial Agrario, á desaparición, na práctica, da xubilación anticipada voluntaria, ás rebaixas de cotizacións ata en catro supostos, en contra do recomendado polo Pacto de Toledo, etcétera.