O escritor lucense presentou onte na Feira do Libro o seu primero libro, unha novela negra que amosa personaxes reais do Lugo dos anos 80
06 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Dentro do marco da Feira do Libro onte presentouse a novela A xeada negra , dun autor lucense que se estrea de xeito individual na literatura cun texto emparentado coa mellor novela negra. -Descubrín tardiamente a novela negra americana, sobre todo Raymond Chandler e Dashiell Hammett. Porque entendo estas novelas non só como literatura, senón como unha maneira de diseccionar a sociedade, como quen escaravella nas madrigueras. Nesa base, inspireime para facer unha novela negra non tradicional, como unha parodia e cun antidetective. -¿En que lugar sitúa a novela? -No Lugo dos anos oitenta, aínda que tentei facer unha visión profunda da historia de España. Documenteime moito en feitos como a Guerra Civil ou os acontecementos do século XIX para facer a novela. Ó final creo que me saíu unha visión desencantada e feroz da historia española do século XX -¿Pero como se representa Lugo? -Hai un Lugo real, a pesar de ser ficción. Escribín dende a memoria, e pódense ver persoas reais da cidade, como Manuel Abelairas, do bar Taller. -E Meiriño, ¿é un pseudónimo dalgúns dos seus escritos ou un dos protagonistas da obra? -Non pretendín facer unha autobiografía. Empreguei este nome nalgunha novela moi mala que escribín, e como simple homenaxe non o quixen esquecer e o volvín a usar en textos e nesta novela. -«A xeada negra» está editada por Tris Tram. -Gustoume traballar con eles, porque me deron confianza, porque son de Lugo e porque vese que aman os libros e a literatura.