DESDE EL ADARVE
28 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.FOI UN XESTO, pero significa moito. A postura de Xosé Anxo Lage Suárez, actual edil de Transportes e que nas recentes eleccións quedou fóra da Corporación, é digna. Retirarse da política e da actividade sindical tras moitos anos de traballo por recibir uns resultados electorais tan negativos, o honra como persoa pública. Hai tanta xente apegada ós postos, tanto no ámbito político como sindical, que cando alguén ten a decencia de irse, hai que destacalo. Ademais, no caso de Lage, foi un dos edís máis apreciados do goberno municipal e mudou as liñas e o servicio de buses urbanos ata conseguir que fosen valorados polos lucenses. Tamén quero lembrar a dignidade coa que se despiden do seu cargo de edil algúns membros do Partido Popular. Tras catro anos no goberno e outros tantos na oposición, hai xente que di adeus, e que durante a campaña estiveron cunha compostura a destacar.