Os danos de animais silvestres

XOÁN PÉREZ OROZCO

LUGO

TRIBUNA | O |

27 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

XÓVENES Agricultores-Asaja Galicia entende que o problema dos ataques dos animais salvaxes é grave, en especial polos danos ocasionados por lobos ó gando e por xabaríns ós cultivos. No ano 1850 o número de lobos en Galicia cifrábase en 627. Setenta anos despois o número baixara ata 150, debéndose esa forte caída a envelenamentos masivos. No 1975 a poboación de lobos en Galicia acada un número elevado, estimándose en arredor de 1.600. En 1995 a Xunta de Galcia cifraba o número de lobos en 712, e no ano 2003 ronda os 500 exemplares. XX.?AA. pretende que a convivencia co lobo sexa para todos tolerable. Despois do gran avance no sector gandeiros, onde se pasou dunha cultura de defensa contra o lobo cos medios propios e as conseguintes matanzas dos mesmos, por seren, por seren ataques directos contra os seus intereses económicos, a unha situación na que a maioría non xa dos gandeiros, senón dos afectados, entenden a necesidade e o valor de conservar a especie do lobo, a Consellería de Medio Ambiente debe dar os pasos necesarios para solucionar o problema. XX.?AA. ven de traballar intensamente neste tema, remontándose as primeiras reivindicacións ó ano 12991, con moi diversas propostas que finalmente veñen de ser atendidas. Nos últimos meses tiveron lugar diversas reunións de traballo con conselleiro de Medio Ambiente, José Manuel Barreiro, chegándose a un acordo inicial, tanto nos modelso de xestión como no valor das indemnizacións a establecer. Valoramos positivamente a nova disposición da Consellería e agarda que en breve sexan establecidos os mecanismos de compensación de perdas para os afectados.