Conflicto sindical na seguridade

FERNANDO LEIRO

LUGO

TRIBUNA | O |

21 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A SECCIÓN sindical da CIG no grupo Cetssa Seguridad quere denunciar a situación do proceso electoral iniciado nesa empresa o día 25 de marzo de 2003. As eleccións sindicais atopanse impugnadas por CIG e USO, despois de ter coñecemento de que a mesa electoral na data de constitución estimou unha reclamación de CC. OO. no senso de que non procede a celebración dise proceso electoral a pesares de ter rematado o mandato de catro anos o actual comité de empresa. O procedimento arbitral celebrouse o día 4 de abril coas comparecencia de CIG, USO e UGT que manifestaron o seu desacordo coa decisión da mesa electoral de non celebrar as eleccións e Cetssa, CC. OO. e a mesa electoral que defendeu a non celebración do proceso electoral. Nise acto o arbitro designado propuxo suspender o prazo establecido para dictar laudo e instou a tódalas partes a promover unha xuntanza na que se establecese unha data de celebración das referidas eleccións. A pesares de que a resolución arbitral de suspensión foi dictada o 14 de abril a data de hoxe non se produciu ningún intento de xuntanza. Por esa razón dende a CIG isntaremos ao arbitro a que poceda a dictar o laudo arbitral que resolva a procedencia ou non das eleccións sindicais. Pensamos que detrás do esaxerado interese amosado por Cetssa e CC. OO. para retrasar iste proceso electoral e, por tanto, manter vixente o mandato do actual comité a bon seguro existen razóns de fondo como a posible perda do servizo de seguridade de Alcoa. De confirmarse a rescisión dise servicio, prevista para o mes de xuño, a empresa verase obrigada a negociar saídas para a plantilla.