DESDE EL ADARVE
14 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.CALQUERA DECISIÓN que se tome en favor de tódolos cidadáns será sempre ben recibida, pero para todos. As persoas con minusvalía, sexa do tipo que sexa, necesitan un apoio decisivo por parte das administracións e polo tanto por parte de tódolos cidadáns. Facer cidades para un grupo ou un colectivo en particular non só é ser insolidario co resto, senón anticonstitucional. O dito de que ata que non nos pasa unha desgracia non sabemos cómo é a vida diaria dos diminuídos é tan certa como que segue a haber barreiras difíciles de superar. Os pasos que se dan sempre parecen lentos e escasos para os que teñen que aguantar os problemas das cidades. As promesas, sobre todo en datas electorais, poden facer dano se finalmente non se levan a cabo. É unha débeda que temos contraída todos con todos polo simple feito de ser cidadáns.