Adeus vella Frigsa

XOSÉ LOIS DEVESA

LUGO

LAS IDEAS | O |

14 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

TRÁS VÁRIOS anos de abandono e desídia, por fin un governo municipal foi capaz de afrontar a busca dunha solución para o antigo edifício do matadoiro. Tras vinte anos de cobardia, o grupo municipal do BNG decidia apostar moi forte por cumplir o seu principal compromiso coa zona norte; era necesário transformar dunha vez a vella Frigsa nun espazo verdadeiramente público, que servira para o desfrute dos viciños e viciñas de toda a cidade. Hoxe, o proxecto xa é unha realidade. Nuns días o decrépito edifício de Frigsa e a fábrica de Uteco serán parte da história recente da nosa cidade. O futuro chega do mellor xeito posíbel. A zona norte converterá-se nun eixo básico da vida da cidade. O futuro centro cultural de case 4.000 metros cadrados atraerá visitantes, maís e mellores infraestructuras, máis traballo ... Tamén se construirá un polideportivo de 2.000 metros que nos permitirá desfrutar na zona norte dunha instalación demandada. Como contrapartida á criación das novas instalacións, que serán construidas con cargo a Eroski, o Concello concedeu-lle ao centro comercial unha licéncia para que se instale en Duquesa de Lugo. Este feito tan criticado polo PP pode supor a criación de máis de 500 empregos.