«O Concello é como unha empresa e o alcalde, como o seu xestor»

La Voz S. S. | BURELA

LUGO

Asume como «obriga do cargo dar a cara diante dos veciños», recoñece que non quería presentarse por terceira vez e aboga por reducir os mandatos a oito anos

13 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?arece tranquilo diante do exame das urnas: «Claro que espero unha maioría absoluta porque teño a confianza de que o pobo entenderá a nosa labor dos últimos oito anos, pero non nos durmimos nos loureiros». Propietario dun grupo empresarial consolidado, Manuel Mon dí aplicar o pragmatismo do seu traballo á súa xestión como rexidor: el ten a derradeira palabra pero presume de «saber delegar». -¿Por que repite? -Non quería seguir. Teño moi claro que o mandato dun alcalde debería por ser lei de oito anos. Volvo a presentarme porque o PP necesitaba un candidato e porque quedaron retos pendientes. -¿Como define á lista? -Houbo cambios significativos, como a ausencia de Sergio López e de Benigno González, que decidiron non seguir pero colaboran con nós. Hai xente xoven sen experiencia e outra con moita. É bo renovala de xeito progresivo. -¿Como captan o voto? -Editamos un balance de xestión para decirlle ó pobo o que fixemos e un programa electoral para decirlle o que queremos facer e o que pretendemos para Burela. Pero non nos conformamos con mandar as papeletas por correo, imos en grupos, por zonas, repartíndoas casa por casa. Despois facemos un pequeno mitin nun bar donde escoitamos á xente, damos a cara para que nos digan o que queren porque é a única forma de correxir algúns erros. Esa xente votáranos ou non, pero entendemos que a nosa obriga é dar a cara. -Imaxine que son un votante potencial e dígame tres razóns para apoialo. -Un, ver os feitos dos últimos oito anos, que din o que somos capaces de facer. Outro, que entendemos ben ó pobo e temos un programa detallado de todas as súas necesidades. E tres, temos ilusións e ganas de traballar polo noso pobo, apoiados por un partido importante, como o PP, que rixe a Xunta e o Governo central, e entendemos que eso nos vai a facilitar a consecución de moitas cousas. Hai que ser así de claro e duro falando. -Resuma logros do seu governo, asignaturas pendientes e proxectos de futuro. -É moi difícil. Como logros, a casa consistorial, coa súa praza, co centro de saúde e coa compra do terreno, o novo porto e resolver a inestabilidade que xeraba non ter pechada a segregación de Cervo. Asignaturas pendientes: o plan de ordenación urbana, que nos paralizaron dúas veces por cambios na norma autonómica e na estatal, o polígono industrial e o novo acceso ó porto. Proxectos: ampliar os servicios sociais para darlle a cada un o que necesita ou o complexo deportivo da Marosa, por citar algúns. -A oposición dí que está pouco tempo no Concello... -Entendo ó Concello como unha empresa e ó alcalde, como o seu xestor. A miña función non é firmar papeis, é moverme para conseguir cousas para Burela. O Concello está ben atendido e eu recibo a quen sexa, sen cita.