DESDE EL ADARVE
07 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.HAI COUSAS na vida que doen, hai enfermidades que molestan e provocan sufrimentos, pero hai verdades que tamén fan dano e son un insulto ó ser humano. O das listas de espera no Sergas é algo lamentable. Son moitos os doentes e as súas familias que están esperando unha chamada, bendita, na que se lle indique cándo e ónde terá que operarse. Un dos casos máis tristes é o das próteses de cadeira. Son centos de persoas as que esperan por esta operación, mentres teñen que estar prostrados nunha cadeira ou nunha cama. Este tipo de xente se pregunta qué teñen que facer para que o Sergas os teñan en consideración. Xente nova e sa que ten que esperar porque non hai os suficientes recursos públicos para poder solucionar o seu problema, mentres os cartos de tódolos cidadáns se gastan en campañas publicitarias sen sentido ou en televisións públicas cun contido moi discutible.