Acabar cos vertedoiros

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

05 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI QUE buscar alternativas. Os incontrolados son debidos á falta de concienciación da xente. Contábanme hai pouco unha anécdota que di moito de nós. Resulta que nunha casa avariouse a lavadora; despois de tentar arranxala e non ser posible, o dono, un home duns setenta anos, visiblemente anoxado ordenou que a tiraran no monte. «¡Como no monte, avó!», exclamou asustada a miña amiga Terre, catalana de orixe galego. Haberá que chamar para que a recollan, engadiría. O avó, perplexo, discutiu ben ata que ó final dixo: «Ademais estache boa se pensas que alguén vai vir a recollela». E é que o noso mundo rural aínda vén tres pobos por detrás do desenvolvemento das cidades galegas. En canto ós vertedoiros públicos, ás veces constitúen un serio atentado contra a saúde sen que ninguén faga nada por impedilo. Exemplos como o de Láncara repítense demasiado. Este, en concreto, non reúne ningunha das condicións esixidas. Foi inspeccionado pola consellería de medioambiente pero segue aberto, ardendo cada dou por tres e contaminando o entorno. Para máis inri foi feito no cumio dun monte onde nace a auga. ¡Todo un acerto, si señor! redac.lugo@lavoz.es