O BNG di no seu programa que soubo crear servicios, ilusión e benestar

La Voz X.? LOMBARDERO. | LUGO

LUGO

PRADERO

Branca Rodríguez apunta a mellorar a calidade de vida, a industria e a proxección da cidade A candidata propón un orzamento participativo para os investimentos, e as xuntas parroquiais

03 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

? BNG presentou onte ós cidadáns o seu programa electoral completo co que pretenden «unha administración local igualitaria, áxil e solidaria». A cabeza de lista e actual tenente de alcalde, Branca Rodríguez Pazos, fixo un resumo do mesmo, no que se recollen as aportacións dos veciños, a valoración do traballo feito nos catro últimos anos e as novas ideas. Rodríguez Pazos pensa que este proceso electoral é moi importante para os nacionalistas, xa que agora gobernan ou cogobernan en cinco grandes cidades galegas. O BNG cre que soubo crear servicios, ilusión e benestar e propón, como resposta ás demandas da cidade, mellorar a calidade de vida dos veciños, promover a industrialización e as melloras laborais y a proxectar a cidade cara a si mesma e fóra dela para o turismo e a cultura. Aínda que recoñeceu a necesaria coordenación con outras administracións públicas, Pazos sinalou que hai que reformar o PXOM, que racionalice o urbanismo e o espacio, que integre o desenvolvemento do rural, que rache coas diferencias norte-sur e que incremente o solo industrial. «Sen política industrial e económica, o outro non vale para nada» apuntou Branca Rodríguez. Esta aposta asimemo por uns orzamentos participativos para que os veciños poidan decidir sobre as prioridades nos investimentos do Concello. En todo caso, considera que hai que ampliar o polígono do Ceao cara ás Gándaras, promover acordos co campus universitario, axudar ás empresas e desenvolver os sectores agrogandeiro e industiral, ó tempo que se mellora o saneamento. Participación cidadá A mellora dos organos municipais de participación é un dos obxectivos do Bloque, que desexa que a participación sexa efectiva e real por parte das 160 asociacións inscritas no Concello. Tamén as xuntas parroquiais entran no programa, á vista das máis de 50 parroquias e 350 núcleos do municipio. A correcta regulación do tráfico na cidade e elaborar un plano director para peonalizar todo o centro de Lugo e zonas dalgún barrio, tamén están no programa nacionalista pois ven necesario desconxestionar o tráfico poñendo transbordos de autobuses adaptados para todos, Neles debería ademais, poder recargar a tarxeta. A policía de barrio e a coordenación de concellerías son puntos para mellorar a administración municipal e coidan que debería elaborarse unha relación de postos de traballo.