DESDE EL ADARVE
03 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.OS ESTUDIANTES e en xeral o mundo universitario do campus deben estar un pouco fartos de escoitar a expresión de achegar a universidade á cidade. ¿Acaso Acea de Olga e Augas Férreas non son cidade? Sei que se fala en sentido metafórico, e se alude que os miles de estudiantes, profesores e funcionarios acudan ó centro histórico, pero, ¿por que non se invirten os papeis, e a suposta cidade se vén cara ó campus? Un exemplo de que ás veces as cousas teñen que facerse pensando na xente, foi o concerto de Pedro Guerra que organizou o Concello. En vez de levalo ó Gustavo Freire ou de facelo no Círculo, o típico, a concellería optou por achegarse a onde viven e se sinten máis cómodos os universitarios, o auditorio de Veterinaria, por certo magnífico espacio para este tipo de espectáculos. Habería que pensar na xente e non nos intereses comerciais cando se di eso de achegarse á cidade.