«Queda moito por limpar»

La Voz

LUGO

02 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?s membros da plataforma Nunca Máis recordaron que aínda seguen a facer falta máis voluntarios para limpar e peneirar o chapapote que hai nas praias galegas. «É difícil atopar xente porque din que está todo normal, cando queda moito por limpar», sinalou Antonio Bernárdez, de Nunca Máis. Lembraron que tódolos domingos sae un bus de Lugo coas persoas que queiran colaborar. O día que remate a Volta a Galicia en Lugo lerase o manifesto da plataforma, onde se pide «unha solución inmediata para o barco afundido». Tamén insisten en pedir responsabilidades políticas «a todos aqueles que menten, censuran información e adoptaron decisións que converteron o desastre do Prestige na maior catástrofe ecolóxica e económica de Galicia», sinala o manifesto que lerá o xoves Xerardo Pardo de Vera, así coma mañá en Santiago na manifestación convocada por Nunca Máis.