COMPAÑEIROS e compañeiras, neste 1º de Maio de 2003, temos que facer un balance do último curso sindical, 2002-2003. O primeiro que destacaría sería a unidade de acción das centrais sindicais CC OO, UGT e CIG, hoxe tras 25 anos de legalización dos sindicatos, só en dúas ocasións fomos xuntos e a unidade de acción e boa, non só para os sindicatos, pero sobre todo é moi boa para o conxunto dos traballadores. En segundo lugar, houbo un incremento das mobilizacións sociais, unha enorme conflictividade social xerada pola maioría absoluta do PP. O Goberno encadeou conflicto tras conflicto: Decretazo, Prestige , guerra en Iraq... O raíz do 20 de xuño fai un fin de ciclo, un cambio de ritmo e cambio de rumbo, que contou cun desastre mediambiental, por eso Nunca Máis, seguimos esixindo responsabilidades políticas. Tamén denunciamos Non á guerra por petróleo , pedimos que non se vote ós que xustifican a guerra, así ningún goberno máis volverá a situarnos nunha guerra contra a opinión da xente. Por iso este 1º de Maio: pola paz, polo emprego, non á guerra. Por último, esiximos medidas contra a sinistralidade e a precariedade laboral, non é de recibo que en Galicia teñamos un 35% de precariedade, catro puntos máis que a media estatal, por eso tamén queremos emprego estable e con dereitos. Non á sinistralidade laboral.