Viaxar en autobús

| XAVIER LOMBARDERO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

24 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ESTÁ CLARO que tan malo é ir moi acelerado pola autovía no coche particular, que perder parte da vida en longas e incómodas viaxes en autobús. Pero poucas alternativas temos. Porque o dos autobuses nesta provincia non ten nome. Hai pouco, unha señora que non acostuma a utilizar este servicio, contábame a odisea A Mariña-Lugo. Estando na parada, subeu ó bus e o conductor riñeulle por non levar o importe xusto xa na man (non sabía o prezo). Se aínda fose rápido e lóxico o percorrido pero...en Foz hai que rodear o pobo e, desde a segunda rotonda, retroceder a través do casco urbán ata a estación. Lento, pesado, interminable. O transporte estase reorganizando, concentrando, pero ¿alguén pensa en mellorar dunha vez o servicio provincial? Alsa fíxose con Intercar, Gonzalo Álvarez Arrojo (Avanza) vai mercar La Sepulvedana, ¿ata onde chegará Raúl en propiedade e calidade?