DESDE EL ADARVE
23 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A CAMPAÑA electoral non declarada di que Esquerda Unida presenta lista só en catro dos 67 concellos. De puntuar en todos serían os mellores resultados da historia pero, se non hai corredores, mal se poden gañar carreiras, por moita campaña xuvenil que se organice. Logo teñen máis candidatos en Iniciativa Galega. O PSOE está tamén avisado pois onde non ten lista, fillos de antigos candidatos van co BNG, pero é caso leve: hai familias que reparten candidatos nos dous partidos. En canto ó PP, a euforia provincial por ser candidato non é a de antano. Hai megaprograma (asumible di ela) de Manolita. Como gañen xa poden espabilar, ata prometen un bus escoba para rapaces peneques da movida. A ex conselleira parece recoñecer que Pedrosa, antiga subordinada, recibiría mellor legado de Lores (BNG) en Pontevedra ca ela de Orozco (e de tódolos do PP e AP anteriores e presentes, evidentemente).