Alegaciones ala autovía

JOSÉ MANUEL PÉREZ

LUGO

TRIBUNA | O |

01 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

LA PLATAFORMA pola Defensa do Alto Ulla presentou alegacións ó trazado proposto para a autovía Santiago-Lugo. A maior agresión que observamos é desde O Carballal en Palas, onde está o enlace Palas oeste. Desde este lugar cara a Santiago consideramos máis adecuado un traxecto que discorra máis ó norte, preferiblemente polo norte da estrada N-547. Prodúcese un forte impacto ó cortar o Camiño á altura de San Xulián, xa que está a ruta está declarado patrimonio da humanidade pola Unesco e primeiro itinerario cultural europeo. Prodúcese un forte impacto sobre o alto Ulla, a zona da comarca con máis recursos naturais e patrimoniais, e de maior implantación do turismo rural.Esta é unha das principais bazas do Concello de Palas para acadar a declaración de Concello turístico. Un posible trazado podería ser desde O Carballal, entre a autovía e a N-547, polas ladeiras do Monte Careón, ó considerar que o impacto é considerablemente menor, ó discorrer por unha zona xa afectada por un parque eólico, unha estrada nacional e por un polígono industrial que é a maior agresión sobre o Camiño de Santiago en Galicia.