TRIBUNA
30 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.CANDO os reis que dicían recibir o poder do mesmísimo Deus non querían atender os asuntos do pobo -un pobo que cada vez se lles quedaba máis lonxe e distante-, falabase de que a súa maxestade estaba en Babia. En Babia cazaban e descansaban, supoñemos que nunca mellor dito a corpo de rei e con todo tipo de luxos para el mailo seu séquito. Tamén en Babia debeu estar Fraga alomenos en compañía doutros dous conselleiros, mentres soltaba fuel ante as nosas costas o último dos sete petroleiros en vinte anos. Como moi ben debuxaba Siro en La Voz o domingo pasado, mentres Fraga cazaba perdices, as rochas e percebes tinguíanse dun negro contaminante que xa veremos como o quitamos. En fin, que polo que se ve, tal preocupación non existiu no presidente. Fraga que, en vez de suspender a cacería, usou o teléfono -que para estas cousas ten o seu sentido- e seguiu co seu. Por si fora pouco, negouno e chamoulle «patraña». Permítanme que lles lembre que foi precisamente o pobo quen lle deu sentido a aquela frase de estar en Babia ó convertela en estar ausente, distraído. Pregunta que deixo no aire: ¿Hai goberno galego ou está tamén en Babia?