Algunha das actuacións do lugués Iván Prado no campamento de refuxiados de Gaza foi interrumpida por ataques de morteiro do exército israelí
22 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.O lucense Iván Prado foi un dos integrantes da Caravana de Pallasos pola Paz que percorreu Palestina o verán pasado. Director do Festiclown de Pontevedra, o humorista está inmerso na organización de Terr@ctiva, festival medioambiental que se celebrará o 6, 7 e 8 de decembro en Narón co que pretende recaudar fondos para realizar unha nova viaxe a Oriente Medio. -¿Como foi a experiencia vivida en Palestina? -Nos campamentos palestinos recibíronnos con moito cariño. Os nenos pariciparon de forma masiva nos nosos obradoiros de teatro e nas actuacións. Os seus pais foron moi hospitalarios e chegaron a invitarnos a ir as súas casas. -Tamén estivo en Xerusalén -Alí a situación é un pouco máis tranquila, aínda que a cidade está ocupada polos militares. Nótase moita diferencia entre a zona israelí e a palestina. -¿Viviu alguha situación de perigo? -Houbo varias, pero lembro unha de forma especial. Cando estabamos actuando ante un grupo de nenos nun campo de refuxiados de Gaza, o exército de Israel atacou con morteiros a vila. Non se foi ninguén de alí: os rapaces puxéronse en pé a bater as palmas para mitigar o ruído das bombas e para que continuase a función. -¿Cal é o seu balance do viaxe? -É necesario denunciar ante a sociedade o xenocidio que está practicando o exército israelí sobre o pobo palestino co silencio cómplice da comunidade internacional. Esta viaxe serviu para ver de primeira man esa situación. E os rapaces palestinos, que son os principais afectados, tamén teñen dereito a rir e a ter esperanza.