«Galicia segue no vagón de cola polos poderes públicos»

La Voz

LUGO

Celestino Torres foi membro fundador de Coalición Galega, partido no que se iniciou na militancia política. «Nunca estiven afiliado a UCD nin me dixeron que tivera que facelo, e aínda así tiven sempre a súa confianza». Coa nova formación nacionalista, que tiña como alma mater ó empresario Euloxio Gómez Franqueira, creador de Coren, trataban de defender a dignidade e os intereses de Galicia, saldar unha débeda que segundo o seu criterio aínda segue pendente. «Pensaba e sigo pensando que Galicia é unha comunidade maltratada polos poderes públicos que está no vagón de cola cando ten recursos dabondo». A lista de agravios e moi ampla. «O noso caolín explótase en Alemania e o mesmo sucede co granito de Porriño. Pagamos a luz que producimos ó mesmo prezo que en Valencia, pero para nós as súas laranxas son máis caras». Torres e os seus compañeiros de aventura pensaban que os recursos de Galicia estábanse a vaciar sin recibir nada a cambio. E o triunfalismo do Goberno do PP non lle seduce: «Se temos autovías foi gracias ó PSOE e no tren seguimos á cola».