«A figura dun león pode ter ata vintecinco significados»

La Voz

LUGO

ESTUDIOS DE SIMBOLOXÍA

04 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Coa publicación do libro Simboloxía do románico de Pantón, hai tres anos, Xosé Lois García contribuíu a agrandar unha vía pouco explorada en Galicia. Ata entón, a maior parte dos estudios sobre o patrimonio románico galego deixaban de lado a análise e a interpretación dos símbolos esculpidos e pintados nestes monumentos. «Os traballos feitos en Galicia sobre a símboloxía románica limitábanse aos elementos antropomórficos e históricos, mentres que os meus estudios procuran abranguer todos os elementos iconográficos, tanto os os antropomórficos como os zoomórficos ou fitomórficos», explica o escritor chantadino. García sinala que interpretar o significado da multitude de figuras humanas, de animais e de plantas que aparecen nas igrexas románicas pode ser un labor sumamente arduo xa que «unha soa figura, como a dun león, pode ter ata vinte ou vintecinco significados na cultura medieval. Esa é a grandeza do románico, aínda que tamén é fastidiado».